{"title":"Libros de Nobuyoshi Araki","description":null,"products":[{"product_id":"araki-tokyo-lucky-hole","title":"Araki: Tokyo Lucky Hole","description":"\u003cdiv class=\"read-more__title\"\u003e\u003cstrong\u003eRecunchos de pracer\u003c\/strong\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"read-more__description\"\u003e\n\u003cdiv class=\"read-more__description--subtitle\"\u003e\u003cstrong\u003eA viaxe de Araki polo submundo erótico\u003c\/strong\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"read-more__description--subtitle\"\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"read-more__description--content\"\u003eTodo comezou en 1978 nunha cafetaría normal e corrente xunto a Kyoto. Corría a voz de que as camareiras \u003cstrong\u003enon levaban roupa interior baixo as minifaldas nin os \u003cem\u003epanties\u003c\/em\u003e transparentes.\u003c\/strong\u003e Surgiron establecementos similares por todo o país. Os homes facían cola para pagar o triplo do habitual por un café servido por unha moza que non levase bragas.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eEn cuestión de poucos anos, apareceu unha nova moda: o \u003cstrong\u003esalón de \"masaxe\" sen roupa interior\u003c\/strong\u003e. A guerra por conseguir clientes resultou na creación dunha oferta de servizos cada vez máis extravagantes, desde \u003cstrong\u003eacariciar aos clientes a través de buratos en cadaleitos\u003c\/strong\u003e, onde se deitaban espidos e fingían estar mortos, ata interiores pensados para \u003cstrong\u003efetichistas dos trens de cercanías\u003c\/strong\u003e. Un destino en particular era un club de Tokio chamado Lucky Hole. O seu \u003cem\u003emodus operandi\u003c\/em\u003e era ben sinxelo: os clientes permanecían de pé a un lado dun tabique de madeira contrachapada e unha rapaza ao outro; entre eles había un burato abondo grande para que certa parte da anatomía masculina encaixase.\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cstrong\u003eNobuyoshi Araki\u003c\/strong\u003e, co título de \u003cem\u003eLucky Hole\u003c\/em\u003e, plasma a industria sexual xaponesa no seu pleno esplendor, amosando en máis de 800 fotos tanto aos que buscaban como aos que ofrecían o pracer no barrio Shinjuku de Tokio antes de que a nova lei de mellora e control da industria do ocio de 1985 acabara con moitos dos locais sexuais do país. Con \u003cstrong\u003eparedes de espellos, sabas, gaiolas, orgías, bondage e os gemidos\u003c\/strong\u003e, é o último berro dunha era de bacanais, rebordante de momentos de humor, poesía precisa e interxeccións interrogativas.\u003c\/div\u003e\n\u003cdiv class=\"read-more__description--content\"\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003c\/div\u003e","brand":"Taschen","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":56570025083224,"sku":"LIB-AR-TA-443","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0925\/8464\/0856\/files\/ARAKI_TOKYO_LUCKY_HOLE_BU_INT_3D_45453.jpg?v=1769109368"}],"url":"https:\/\/www.plasticbooks.com\/gl\/collections\/libros-nobuyoshi-araki.oembed","provider":"Plastic Books","version":"1.0","type":"link"}