Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Fervor
David Moragas deslúbranos cunha historia sobre o amor, sobre aprender a querer (e a querernos), sobre os vínculos e sobre o vértigo que, moitas veces, nos dá a vida. Fervor está destinada a converterse nun himno dos millennial, cunha prosa coidada, fresca e un personaxe que nos acompañará durante moito pero moito tempo.
Ao principio é un crush. Coñezoo durante unha charla no CCCB. En menos de dúas semanas seguimosnos nas redes, en dous meses follamos na Mar Bella e, cando apenas levamos tres viéndonos, decátome de que me namorei. Sen saber como. Busco respostas nos meus referentes máis próximos, pero pronto descubro que nin os meus amigos, nin a miña compañeira de piso, nin os meus pais teñen a clave de nada. Sobre como querer. Sobre como querer ben. A vida en Barcelona é un reto, como o é atopar un traballo que sirva para algo máis que para pagar o aluguer, sobrevivir ás resacas e chegar ao final do día tendo comido toda a fibra que recomendan os anuncios publicitarios. Amar e fallar, aprender e errar.
O PROTAGONISTA DE FERVOR NAMÓRASE SEN QUERER. O DEMÁIS É HISTORIA, E É ESTA.
«Áxil, divertido e ben hilado, Fervor é un dos mellores debuts do ano, no que resoan voces millennials e intrépidas como as de Sally Rooney, Tao Lin e Bryan Washington». JORDI NOPCA, Diari Ara
«Profunda, divertida, absorbente e emocionante, a novela debut de David Moragas debuxa con honradez as debilidades e as expectativas ás que nos expón o amor». MARTA ORRIOLS
«Poética, irreverente e provocadora». BRUNA CUSÍ, Diari Ara