Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Me dibujaron así: Por qué el mundo odia la feminidad
Desde moi pequena, Noemí López Trujillo aprendeu que a hiperfeminidade era sinónimo de frivolidade, maldade ou ameaza. Me dibuxaron así parte desa sospeita temperá para artellar unha defensa frontal de todo aquilo que se considerou “demasiado feminino” e, por tanto, superficial ou perverso. Desde Pamela Anderson e Britney Spears ata Jessica Rabbit ou La Veneno, a autora revisita iconas culturais castigadas e léas como figuras de resistencia, desexo e exceso.
O libro entrelaza estas imaxes pop coa súa propia historia: unha infancia como testemuña de Xehová, unha adolescencia convulsa e unha maternidade atravesada polas expectativas sobre como debe ser “unha boa nai”. Xunto cos referentes mediáticos aparecen as figuras bíblicas de Jezabel e Salomé, as harpías, as sereas e outras “monstras” que a tradición construíu como advertencia contra as mulleres perigosamente sedutoras. O resultado é unha defensa lúcida e desacomplexada do femme en todas as súas formas.
A medio camiño entre o ensaio cultural e o relato autobiográfico, Me dibuxaron así. Por que o mundo odia a feminidade desmonta os discursos que reducen a feminidade a sumisión e docilidade. Nun contexto onde se teoriza sen parar sobre as “novas masculinidades”, este libro despraza o foco e pensa como a cultura da violación se sostén precisamente sobre o odio ao feminino. É tamén unha celebración de todo o que se etiquetou como “de rapazas”, desde as bimbos e as travestis ata as chonis, as putas ou as xitanas, reclamando a feminidade como identidade política, pracer e campo de batalla.
Sobre a autora
Noemí López Trujillo (Bilbao, 1988) é xornalista e escritora, especializada en información social e de xénero. Traballou en medios como ABC, 20minutos ou El Español e actualmente é responsable de Xénero en Newtral. É autora dos libros Volveremos. Memoria oral de los que se fueron durante la crisis e El vientre vacío, e do documental sonoro Lo conocí en un Corpus sobre o asasinato machista de Ana Orantes. En 2017 recibiu o Premio Periodismo Joven sobre Violencia de Género do Injuve.