Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
En las manos, el paraíso quema
Efervescencia e nostalxia: unha novela sobre a amizade nun mundo abocado ao colapso.
Rita vive na Colonia, no alto dunha montaña onde homes cansas baleiran unha mina que se esgota. Desde alí, contempla a aldea afundida no val, e os bosques que, de súpeto, comezan a arder. Líton, que medrou na cidade, apaga os lumes cos demais rapaces do Servizo.
Esta novela segue a historia dos dous amigos: a infancia en contextos opostos, o descubrimento do desexo, os seus amores con Fèlix e René –e a nostalxia dun futuro que xa non será–. Xuntos viven a emancipación e a efervescencia festiva dos vinte anos, pero tamén as servidumes da familia e dunha época marcada pola extinción: ¿como será o zumbido dunha abella? Nun mundo que se dirixe ao colapso, onde a vida non se pode vivir, Rita e Líton converten a amizade nunha conxura para pensar un universo habitable.
Pol Guasch escribiu un libro no que cada dose de dor ten o seu reverso fulgurante, e cada desenlace augura un novo comezo. Desordenada como a memoria, escura e luminosa ao mesmo tempo, En las manos, el paraíso quema é melancólica como só pode selo asistir ao fundido a negro da xuventude do mundo.