Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
El hermoso país donde los hombres desean a los hombres
O fermoso país onde os homes desexan aos homes é un dos poemarios máis singulares e radicais da poesía catalana contemporánea. Publicado orixinalmente en 1974 de forma clandestina, o libro circulou nos seus primeiros anos a través de sinxelas fotocopias grapadas, nun contexto no que o desexo homosexual masculino apenas atopaba espazo na literatura.
Ao longo dos seus poemas, a obra aborda sen rodeos o deseo entre homes, a beleza do corpo masculino e as formas de encontro que marcaron unha parte da cultura gay da época. O libro articula esta experiencia mediante unha linguaxe intensa e expresiva que desafía as normas morais, sociais e lingüísticas do momento.
Máis alá da súa temática, o poemario foi considerado unha obra profundamente transgresora no plano da linguaxe, construída desde a infracción, a desobediencia e a vontade de situarse nos márxes do permitido. Como sinala Sergio Fernández Martínez, o libro propón unha crítica que é ao mesmo tempo social, política e lingüística, enfrontándose tanto aos valores institucionalizados como aos códigos herdados.
Esta edición preséntase en versión bilingüe, permitindo acceder ao texto orixinal e á súa tradución.