Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Olé Olé – Todos sus grandes éxitos con Marta Sánchez
Edición limitada en vinilo rosa transparente reúne, por primeira vez, os grandes éxitos de Olé Olé na súa etapa máis recordada: a protagonizada por Marta Sánchez. Entre 1986 e 1990, o grupo deu un xiro cara ao pop electrónico e consolidouse como un dos nomes clave do panorama musical español. Durante eses anos asináron catro álbums emblemáticos que marcaron a toda unha xeración: Bailando sin salir de casa, Los caballeros las prefieren rubias, Cuatro hombres para Eva e 1990.
Este recopilatorio rende homenaxe ao carisma vocal de Marta Sánchez e ao son sofisticado que definiu a última etapa da banda. Temas como “Soldados del amor”, “Lili Marlen” ou “Yo soy infiel” conviven con versións sorprendentes como “La bambola” ou “La chica yeyé”, conformando unha colección imprescindible de pop ochentero con acento glam e electrónica elegante.