Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Otra historia del arte: No pasa nada si no te gustan Las meninas
A Historia da Arte cun dos grandes divulgadores de España: @ElBarroquista.
Calquera que visitase un museo ou follease un libro sobre arte escoitara ou lera frases rimbombantes e categóricas como «Estamos ante a gran obra mestra do século XX», «Este artista é un xenio» ou «Aquela pintura cambiou o mundo». Esta concepción da creación artística -baseada na aceptación dun canon preestablecido que privilexia uns estilos específicos e enaltece unhas firmas concretas-, lonxe de favorecer a aprendizaxe e facer a arte máis accesible, encorsetou o pracer do público xeral e condicionou o seu gusto.
Neste libro, o historiador da arte Miguel Ángel Cajigal Vera -coñecido como El Barroquista na súa labor divulgativa- propón unha nova maneira de achegarnos a esta disciplina e invítanos a gozar da arte sen prexuízos e con total liberdade.
Outra historia da arte é un ensaio estimulante que nos abre as portas ao museo particular do autor, onde coñeceremos historias fascinantes e obras moi persoais, como as de Maurizio Cattelan, Teresa Margolles, Piero Manzoni ou Fiona Banner, xunto a pezas moi recoñecidas de Guo Xi, Frida Kahlo ou Artemisia Gentileschi.
E tras rematar a lectura comprenderemos por que non pasa nada se non nos gustan Las meninas.