Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Scream Queer - La representación LGTBIQ+ en el cine de terror
O meu eu adolescente creceu metido nun armario, convencido de que Clive Barker era a única persoa abertamente gay dedicada ao meu xénero favorito: o terror. Por sorte, estaba equivocado: a presenza de personaxes LGTBIQ+ no cine fantástico foi unha constante ao longo da súa historia e non fixo máis que aumentar nas últimas décadas. Ademais de formar parte do imaxinario colectivo, monstros cinematográficos procedentes da literatura gótica —como Drácula, a criatura de Frankenstein ou Mr. Hyde— foron dos primeiros exemplos de representacións queer na gran pantalla, ligadas sempre ao diferente, ao raro e a todo aquilo que desafiaba o heteronormativo.
Do predominio de clichés negativos —lesbianas con tendencias psicopáticas, vampiras bisexuais sanguinarias, asasino travestidos, e un longo etcétera— á progresiva aceptación da diversidade, Scream Queer propón un amplo percorrido pola evolución da representación LGTBIQ+ no xénero fantástico a través da análise de centos de películas. De paso, exorciza traumas e conta as vivencias persoais que marcaron a quen escribe: un marica obsesionado co cine de terror.