Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Sexo salvaje: El kamasutra de la naturaleza
A natureza tamén ten o seu propio kamasutra e é moito máis salvaxe do que imaxinamos. En Sexo salvaxe, o biólogo e divulgador Ricardo Moure ábrenos a porta a unha orgía permanente de estratexias reprodutivas: chimpancés con penes con espiñas, patos de saca-rolos imposibles, paxaros infieis sen remordementos, rás que se fan as mortas para librarse de pretendentes pesados ou fungos con tres, catro ou miles de sexos distintos.
O libro percorre con detalle como algúns peixes cambian de sexo, outros levan os xenitais dos seus examantes, os zangóns eyaculan con tanta forza que morren no intento, os carneiros “dan a pelo e a pluma”, as koalas organizan auténticas bacanais lésbicas e certos morcegos practican sexo oral entre flores que tamén serven de consolador para abellaróns moi entregados ao pracer.
Lonxe de ser unha simple colección de anécdotas morbosas, Sexo salvaxe é un ensaio de divulgación científica que combina rigor, referencias actualizadas e un sentido do humor moi gamberro. Moure utiliza o chiste e a esaxeración para explicar conceptos de bioloxía, evolución e diversidade sexual, e para lembrar que a natureza non entende de normas morais, senón de adaptación, reprodución e pura creatividade biolóxica.
Sobre o autor:
Ricardo Moure @moureortega é biólogo e doutor en bioloxía molecular, aínda que a miúdo vese máis disfrazado de polo, oso formigueiro ou Cupido que con bata de laboratorio. Nado en Cantabria, pasou a súa infancia recollendo bichiños nos prados ata que a comedia lle “infectou” o cerebro e decidiu mesturar rigor científico con humor gamberro.
Gañador do concurso de monólogos científicos Famelab, formou parte de Big Van Ciencia e colaborou en programas como En el aire con Buenafuente, El Club de la Comedia, La Roca ou Órbita Laika. Tamén é voz habitual en radio e podcasts, onde tenta que este mundo absurdo se entenda un pouco mellor ou, polo menos, nos faga rir mentres se derruba.