Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Lady Gaga
Cantante, compositora e actriz estadounidense, ícono do pop global e da cultura queer. Desde o seu debut con The Fame (2008) e The Fame Monster (2009), redefiniu o pop coa súa estética provocadora e éxitos como Poker Face ou Bad Romance.
Explorou distintas facetas musicais en Born This Way (2011), o vangardista ARTPOP (2013), o jazz de Cheek to Cheek (2014) e Love for Sale (2021) xunto a Tony Bennett, o pop country de Joanne (2016) e o dance electrónico de Chromatica (2020).
En 2025 lanzou MAYHEM, un regreso á electrónica escura e teatral. Gañadora de múltiples Grammys e un Oscar, tamén brillou no cine con A Star is Born e Joker: Folie à Deux (2024).