Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
7900 millas
Coñecer a Virginia cambiou os esquemas de Amanda, a distancia pode chegar a dar moito medo e botar de menos é cada vez máis doloroso. Tras as videollamadas interminables sempre necesita máis. A rutina en Melbourne non é sinxela e a súa nova relación de parella trae problemas que non esperaba. Pouco a pouco decátase de que a súa idea de vida perfecta é en realidade un refuxio onde se agocha dos seus verdadeiros soños. Perseguílos suporía dicirlle adeus a demasiadas cousas que non é capaz de deixar atrás e enfrontarse a un muro que non sabe se poderá saltar, pero por primeira vez en moito tempo hai alguén por quen paga a pena intentalo. A historia de amor de Gina e Amanda continúa en 7 900 millas, esta vez a través dos ollos da australiana. Cris Ginsey falanos neste libro do amor a distancia, da familia e a amizade, a saúde mental e como o pasado nos pode afectar no presente e, sobre todo, no futuro.