Quenes decidimos ser visibles non somos mellores nin peores que quen decidiu non selo. Pero a nosa visibilidade achega algo inmenso. Alguén ten que facelo agora, como outros o fixeron antes. Imos pensar se fose o contrario, se todos nos calásemos. En que situación estaríamos? Quen tería denunciado, ocupado as rúas, recordado aos primeiros mortos, coidado o seu legado, esixido políticas sanitarias? Alguén ten que facelo, polos outros que o fixeron. Tamén polos que nunca o farán.