Resultados de busca para «»
Estes son os artigos que atopamos.
Estes son os artigos que atopamos.
Andy Warhol foi un incansable cronista da vida e dos seus encontros. Sempre acompañado dunha cámara Polaroid, desde finais da década de 1950 ata a súa morte en 1987 reuniu unha enorme colección de instantáneas de amigos, amantes, mecenas, famosos e descoñecidos, pero tamén de paisaxes, de todo aquilo que estaba de moda e de si mesmo. Creado en colaboración coa Fundación Andy Warhol, este libro presenta máis de 150 desas imaxes espontáneas.
Inclúe retratos de famosos como Mick Jagger, Alfred Hitchcock, Jack Nicholson, Yves Saint Laurent, Pelé y Debbie Harry xunto a imaxes do círculo de Warhol, da súa vida luxosa e das súas paisaxes, así como bodegóns de bonecas Cabbage Patch ou das súas emblemáticas latas de sopa. As polaroids, a miúdo sinxelas e improvisadas, documentan a época de Warhol do mesmo xeito que hoxe Instagram relata a nosa. Un testemuño único da vida, o mundo e a visión do mestre da arte pop e da modernidade.
© The Andy Warhol Foundation for the Visual Arts, Inc.