Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Eternal Sunshine Deluxe: Brighter Days Ahead (Vinilo Translúcido)
Unha nova luz abre camiño no universo de eternal sunshine, o sétimo álbum de estudo de Ariana Grande, que aquí regresa na súa edición ampliada eternal sunshine deluxe: brighter days ahead. Esta relectura do disco parte do mesmo relato de ruptura, memoria e segundas oportunidades, pero prolongao cara a un lugar máis luminoso, onde o duelo convive coa idea de futuro.
A edición deluxe engade nove pistas ao álbum orixinal, entre elas seis cancións novas que amplían a narrativa emocional de eternal sunshine. Hai cortes que afondan na sensación de estar nun “entretempo” sentimental, outros acheganse ao vértigo de comezar unha relación tras un divorcio ou á intimidade cando as miradas externas pesan demasiado. O resultado é un conxunto de pop e R&B con toques de synth-pop que mantén o ton confesional do disco e lévao un pouco máis lonxe, como unha última sesión de terapia que axuda a pechar a etapa.
Máis alá das novas cancións, eternal sunshine deluxe: brighter days ahead dialoga tamén co universo visual do proxecto, conectado co vídeo de “we can’t be friends (wait for your love)” e co curto posterior Brighter Days Ahead, onde Ariana explora o paso do tempo, a memoria e como se reescriben as historias persoais anos despois. É unha expansión do álbum pensada para quen queren seguir de cerca a evolución desta era.
Esta edición especial en vinilo preséntase nun 2LP translúcido marmoreado, con carpeta despregable e un libreto de 24 páxinas que recolle todas as letras xunto cunha selección de fotografías novas e material gráfico exclusivo.