Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
AUTOSUFICIENCIA
Un cómic de Juanra Fernández e Julepe. Esta é unha historia de luces e sombras que comeza e remata coa mesma traxedia: un accidente de coche. O 14 de maio de 1983, a estrada acabou fisicamente coa vida de Eduardo Benavente, pero tamén deu orixe ao mito.
Antes dese día, Eduardo deixara a súa pegada no panorama musical cun ronsel de melodías e cancións que impulsaron o nacemento dun son distinto e sombrizo. Cantante, guitarrista e batería, desempeñou un papel case mesiánico dentro dunha estética escura que comezaba a abrirse camiño. Importou á movida madrileña moitas das novas tendencias británicas do momento e transformounas co seu propio enxeño, ata darlles unha identidade inconfundible.
Este libro recolle o relato da súa obra e do seu legado.