É unha das artistas máis escoitadas en plataformas como Spotify, con máis de 60 millóns de oíntes mensuais. Os seus vídeos alcanzan os 2000 millóns de reproducións en YouTube e a súa influencia supera os 100 millóns de seguidores en Instagram. Billie Eilish é, sen dúbida, un ícono para as novas xeracións. Cunha voz e son característicos, as súas letras abordan temas tan reais como a depresión, a ansiedade, a soidade e a presión da fama. Híbrida xéneros, compón co seu irmán Finneas O'Connell e forma parte do colectivo LGBTIQ+, aínda que tampouco necesita categorizarse. Ademais, realizou xiras mundiais, rodou documentais e gañou premios tan notables como os Grammy (en 2019, polo seu álbum debut) e os Oscar (en 2022, con «No Time to Die», canción da última película de James Bond, e en 2024, con «What Was I Made For?», fenómeno da BSO de Barbie). Billie Eilish é unha artista con voz propia que non lle ten medo a nada. A bad guy do pop.