Chica contra chica: Cómo la cultura pop enfrentó a una generación de mujeres contra sí mismas – Plastic Books
-5% DTO

Chica contra chica: Cómo la cultura pop enfrentó a una generación de mujeres contra sí mismas

LIBROS DEL KO
SOPHIE GILBERT, SILVIA SCHETTIN
Prezo en oferta €22,70 EUR €23,90 EUR
-5% DTO
IVE incluído.
Páxinas
304 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
Libros Del Ko
Ano
2025
ISBN
9791387839109
Dimensións
14.0 x 1.6 x 21.49 cm
Escrito por
Sophie Gilbert e Silvia Schettin

A finais dos anos noventa e principios dos dous mil, moitas adolescentes medramos coas Spice Girls de fondo, indo ao cine a ver American Beauty ou Scary Movie, devorando videoclips e revistas xuvenís cheas de Britney Spears e estrelas da telerrealidade. Aquela sensación de empoderamento ao amosar o tanga convivía cun mensaxe moito menos inocente: as representacións dominantes da mocidade feminina estaban a preparar, case sen que nos decatásemos, un retroceso do feminismo e unha perda de dereitos para as xeracións seguintes.

En Chica contra chica: Cómo la cultura pop enfrentó a una generación de mujeres contra sí mismas, Sophie Gilbert finalista do Premio Pulitzer en 2022 fai un percorrido minucioso pola cultura popular do cambio de milenio. Analiza o pop adolescente, o heroin chic, a telerrealidade e a explosión da pornografía en internet, e como esa presenza global foi calando na conciencia colectiva ata normalizar unha misoxinia de baixa intensidade pero altísimo impacto.

Gilbert amosa como aquel clima cultural foi o xermolo de regresións que hoxe recoñecemos con claridade: a reelección de Trump, o retroceso en dereitos reprodutivos, o auxe do fenómeno tradwife ou a violencia incel non aparecen do nada, senón que se apoian en décadas de narrativas que enfrontaron as rapazas entre si e puxeron os seus corpos no centro do espectáculo, a burla e o control.

Este ensaio propón unhas auténticas lentes violetas para ler as dinámicas culturais do pasado e do presente. Entender os modos en que as mulleres foron denigradas e diseccionadas axuda a identificar e neutralizar eses ataques hoxe: despois de pechar o libro, o que queda é unha ferramenta de autodefensa cultural para mirar con outros ollos videoclips, redes sociais, medios e discursos políticos.

«En Chica contra chica, Sophie Gilbert fai unha análise descarnada de como as correntes culturais dos anos 90 e 2000, dentro e fóra de internet, danaron ás mulleres novas dun xeito escuro e profundo».
Maya Salam, The New York Times

Sobre a autora:

Sophie Gilbert é xornalista e crítica cultural británica. É redactora de The Atlantic, onde escribe sobre televisión, libros e cultura pop, e recibiu o National Magazine Award for Reviews and Criticism 2024, ademais de ser finalista do Premio Pulitzer de Crítica en 2022. É autora de Girl on Girl e On Womanhood: Bodies, Literature, Choice, e vive en Londres

Título
Chica contra chica: Cómo la cultura pop enfrentó a una generación de mujeres contra sí mismas
Autor
Sophie Gilbert,Silvia Schettin
Editorial
Libros Del Ko
Ano
2025
Páxinas
304 pp.
Encadernación
Brando
ISBN
9791387839109