Civilización o barbarie: La batalla por el futuro de la humanidad – Plastic Books

Civilización o barbarie: La batalla por el futuro de la humanidad

Prezo habitual €20,90 EUR
IVE incluído.
Dispoñible
Páxinas
224 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
Ediciones B
Ano
2026
ISBN
9788466678643
Dimensións
15.2 x 2.7 x 22.9 cm
Escrito por
Alán Barroso

UN ENSAIO PARA RECUPERAR A IMAXINACIÓN POLÍTICA E DEFENDER A CIVILIZACIÓN EN TEMPOS DE COLAPSO

«Este libro non é un manual de supervivencia individual. Para iso xa existen miles de gurús vendéndoche cursos para facerte millonario se es pobre ou refuxios nucleares en Nova Zelandia se es rico. Este libro trata sobre a única saída real: a colectiva».

Nun momento marcado pola erosión da nosa atención, a ditadura do algoritmo e o avance dunha intelixencia artificial que redefine o traballo e o poder, o politólogo Alán Barroso propóñenos mirar de fronte aquilo que algúns prefiren non ver.

Civilización ou barbarie percorre os grandes desafíos do noso século: a desinformación que alimenta os extremismos, un capitalismo que converte o tempo en mercadoría, a crise climática que xa desborda os mapas e a secesión silenciosa das elites que poden permitirse vivir ao marxe das regras.

Barroso non se limita a sinalar os síntomas; tamén desmonta os relatos que presentan o deterioro como algo inevitable e amosa como, nese ambiente de desorientación, gañan terreo quen buscan debilitar o que nos mantén unidos. A barbarie, advirte Barroso, abre paso cando deixamos de pensar colectivamente.

Este libro é unha invitación a recuperar a imaxinación política e a defender as institucións que fan posible a vida en común. Porque renunciar a pensar o futuro tamén é unha forma de perdelo.

«A barbarie está a gañar. Non a barbarie das hordas salvaxes e o caos que imaxinaban os nosos antepasados. A nosa é máis sofisticada: viste traxe de marca, cotiza en bolsa e ten conta nas Illas Caimán».

Título
Civilización o barbarie: La batalla por el futuro de la humanidad
Autor
Alán Barroso
Editorial
Ediciones B
Ano
2026
Idioma
Español
Páxinas
224 pp.
ISBN
9788466678643