Corres como una niña: El género y la diversidad LGTBI en el deporte – Plastic Books
-5% DTO

Corres como una niña: El género y la diversidad LGTBI en el deporte

EDITORIAL DOS BIGOTES
DAVID GUERRERO, PALOMA DEL RÍO
Prezo en oferta €18 EUR €18,95 EUR
-5% DTO
IVE incluído.
Páxinas
256 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
Editorial Dos Bigotes
Ano
2021
ISBN
9788412402308
Dimensións
14.0 x 1.5 x 21.0 cm
Escrito por
David Guerrero e Paloma Del Río

Un ensaio innovador e divulgativo que desmonta moitos dos estereotipos de xénero arraigados no mundo do deporte.

Corres como unha nena. O xénero e a diversidade LGTBI no deporte propóñenos unha viaxe polo presente e o pasado da realidade das mulleres e do colectivo LGTBI no deporte. Unha viaxe chea de anécdotas sorprendentes, incomprensibles, inxustas, divertidas ás veces, que se mesturan con entrevistas de primeiro nivel e información rigorosa nun análise ameno e innovador que atrapa, con complicidade, desde as primeiras liñas.

Nos diferentes capítulos do libro, o xornalista David Guerrero analiza a situación do fútbol en España como a disciplina con maior invisibilidade e violencia verbal contra as persoas non normativas, sinala aqueles países que non respectan os dereitos humanos e que usan o deporte para limpar a súa imaxe internacional ou lembra o papel decisivo que xogan os medios de comunicación na correcta divulgación da diversidade.

Con un estilo informativo, o autor pretende desmontar os estereotipos de xénero fortemente arraigados no mundo do deporte ao tempo que percorre a inxusta e denigrante historia do deporte feminino e cuestiona o falso mito da vantaxe competitiva das mulleres trans e intersexuais.

Para afondar na reflexión e o análise, o libro inclúe entrevistas a deportistas como Pau Ribes, pioneiro na natación sincronizada; Alba Palacios, a primeira futbolista trans federada en España; Víctor Gutiérrez, xogador da Selección Española de waterpolo e gay visible; Sara Peláez, árbitra de baloncesto profesional e lesbiana visible, ou María José Martínez Patiño, experta do COI e ex atleta intersexual. O prólogo asinao a histórica xornalista deportiva Paloma del Río.

Título
Corres como una niña: El género y la diversidad LGTBI en el deporte
Autor
David Guerrero,Paloma Del Río
Editorial
Editorial Dos Bigotes
Ano
2021
Páxinas
256 pp.
Encadernación
Brando
ISBN
9788412402308