Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
DEFECTOS PERFECTOS. CHENOA
Apuntes dunha vida que destila enerxía positiva e motivación.
En plena madurez artística e persoal, Chenoa repasa a súa vida a través das páxinas dun libro sincero, onde revisa a súa traxectoria profesional e vital ata chegar ao presente, no que se sente plena e feliz.
O libro contén testemuños reais, algúns verdadeiramente desgarradores, xunto con episodios desenfadados e anécdotas divertidas; ao longo dos seus capítulos desfilan amores, amigos, compañeiros de profesión, familiares...
Chenoa preséntanos a Laura, despoixada do seu nome artístico e desa máscara do triunfo que, con frecuencia, agocha outras visións máis auténticas. Glamour, emoción, penas e ledicias danse a man nestas páxinas que nos achegan á personalidade dunha gran artista e dunha persoa extraordinaria.