Despiece – Plastic Books

Despiece

Dispoñible en stock
Prezo habitual €18,95 EUR
IVE incluído.
Páxinas
168 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
Dos Bigotes
Ano
2026
ISBN
9791399057997
Escrito por
Vicente Ferrer

«Desde pequeno aprendín a asociar o frío coa carne, a carne co que estaba agochado».

Despiece é unha inmersión na memoria de Vicente, un home que foi violado durante anos polo seu profesor de Educación Física cando era un neno. O agresor foi condenado a case douscentos anos de cárcere por delitos de violencia sexual contra outros alumnos do centro. Entre eles non estaba el. Vicente tardou máis de dúas décadas en compartir a súa experiencia. Para entón o delito xa estaba prescrito.

Narrada en primeira persoa, Despiece afonda na lembranza daquela época na Valencia dos comezos dos noventa desde o punto de vista de Vicente, a relación cos seus pais carniceiros e coa súa irmá maior, a vida no colexio cos seus compañeiros e profesores, a procura de afecto, o espertar do desexo, a vergonza e o medo.

Pero revisitar o pasado é tamén unha forma de reescribir o presente. Vicente, xa adulto, por fin atrévese a buscar respostas. ¿Como respondeu o sistema xudicial? ¿Que responsabilidade tivo o colexio? ¿É posible que alguén soubese o que estaba a ocorrer? No medio da exploración da memoria, un ¿como se sobrevive a unha carnicería?

Título
Despiece
Autor
Vicente Ferrer
Editorial
Dos Bigotes
Ano
2026
Idioma
Español
Páxinas
168 pp.
Encadernación
Brando
ISBN
9791399057997