Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Dos hijas para la Muerte
Titiana De Nero sempre soubo cal era o seu destino: converterse en gardiá persoal da emperatriz Vita Rosa e protexela coa súa vida. Con todo, cando Vita abdiqua, quen ocupa o trono do Imperio é a súa xemelga Helda, apoiada polas Segundas Fillas, unha forza relixiosa que nunca debería ter tomado o poder.
Mentres o Imperio se fragmenta, Titiana debe decidir entre a lealdade cara á emperatriz lexítima, as promesas feitas aos rebeldes ou a honra do seu novo cargo. Pero Helda Rosa non é o que imaxinaba: tan idéntica e á vez tan distinta de Vita… e coa Deusa da Morte e a Destrución agardando no seu interior.
Nun mundo onde os deuses xogan co destino dos mortais, Andrea Prieto constrúe unha historia de fantasía épica con raíces mediterráneas, personaxes intensos e dilemas entre o amor, a lealdade e a liberdade. Dúas fillas para a Morte mestura a tradición da viaxe do heroe cun universo vibrante e actual, plantexando ata que punto os lazos que nos unen poden ser condena ou salvación.