Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Educación afectivo-sexual y colectivo LGTBIQ
As corporalidades, identidades e orientacións non-heterosexuais, trans e intersexuais estiveron tradicionalmente afastadas do ámbito da educación formal, como se a vida e a escola fosen dúas realidades disociadas entre si. Coa chegada da educación afectivo-sexual, abriu unha oportunidade para que estas formasen parte da cotiá escolar, pero os contidos ligados aos riscos arredor das infeccións de transmisión sexual e os embarazos non desexados, xunto coa súa prevención, acapararon o tratamento que se fai da sexualidade nos nosos centros. Son contidos que, ademais de desprazar o colectivo LGTBIQ ata o seu borrado neste campo educativo, agochan mensaxes discriminatorios que reproducen e lexitiman as distintas violencias que sofren as persoas que non se axustan aos parámetros normativos de sexualidade (binarismo, ciscentrismo, heterocentrismo, monosexualidade, LGTBIQfobia, etc.). Así, mentres que as formas non hegemónicas de transitar a sexualidade están a ser cada vez máis visibles entre as xeracións máis novas, no ámbito da educación escolar existen múltiples dificultades para atender a esta diversidade de xeito profundo e integral. Neste senso, o presente libro explora esta relación entre educación afectivo-sexual e colectivo LGTBIQ –máis caracterizada polos seus desencontros que polos seus encontros–, trazando un percorrido por distintas dimensións da realidade sociocultural, desde o foco no que o autor denomina sistema normativo de sexualidade ata o marco escolar e a educación afectivo-sexual. Seguidamente, plantexanse os resultados dun estudo e finalízase con algunhas propostas que permiten orientar a práctica docente cara ao logro dunha educación afectivo-sexual diversa e igualitaria.