El libro de Gloria Fuertes: Antología de poemas y vida – Plastic Books
-5% DTO
El libro de Gloria Fuertes: Antología de poemas y vida – Plastic Books

El libro de Gloria Fuertes: Antología de poemas y vida

BLACKIE BOOKS
GLORIA FUERTES, JORGE DE CASCANTE
Prezo en oferta €31,25 EUR €32,90 EUR
-5% DTO
IVE incluído.
Páxinas
448 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
Blackie Books
Ano
2025
ISBN
9788410323872
Dimensións
22.1 x 3.4 x 15.5 cm
Escrito por
Gloria Fuertes e Jorge de Cascante

Esta edición especial de El libro de Gloria Fuertes. Antología de poemas y vida reúne, por fin, nun só volume a obra e a biografía dunha das voces máis singulares da poesía española do século vinte, cuxa carreira se viu opacada primeiro por ser muller, despois polo seu orixe de clase e, por último, pola etiqueta de “poeta para nenos” que eclipsou a potencia da súa escrita.

Preséntase como unha edición limitada en tapa dura de tea, cos cantos pintados, e un interior completamente a cor. Nas súas 448 páxinas reúnense máis de 300 poemas de Gloria Fuertes, varios deles inéditos, xunto a preto de 80 fotografías nunca publicadas, 12 debuxos orixinais, recortes de prensa, páxinas dos seus cadernos de notas, invitacións a lecturas e outros materiais de arquivo procedentes da súa casa de Madrid. O resultado é tanto un libro de poemas como un álbum de vida. 

Ademais da antoloxía poética, o volume inclúe a que se considera a biografía glorista máis completa ata a data, asinada por Jorge de Cascante, así como 25 anécdotas repartidas ao longo do libro que reconstrúen encontros e desencontros con editores, amigas, amores e lectoras. Pecha o conxunto un cómic de 16 páxinas, obra de Carmen Segovia, que narra un episodio da etapa de Fuertes como profesora universitaria nos Estados Unidos. 

É, en definitiva, un retrato total de Gloria Fuertes: a poeta que defendía chamarse poeta e non poetisa, a autora que escribía para nenas e nenos sen deixar de ser radicalmente adulta, e a figura popular que por fin comeza a ocupar o lugar que lle corresponde dentro da poesía contemporánea en castelán.

Título
El libro de Gloria Fuertes: Antología de poemas y vida
Autor
Gloria Fuertes,Jorge de Cascante
Editorial
Blackie Books
Ano
2025
Páxinas
448 pp.
Encadernación
Tapa dura
ISBN
9788410323872