El niño que no fui: Infancia, adolescencia y adultez LGTB – Plastic Books

El niño que no fui: Infancia, adolescencia y adultez LGTB

Prezo habitual €18,95 EUR
IVE incluído.
Dispoñible en stock
Páxinas
260 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
Egales
Ano
2022
ISBN
9788418501609
Dimensións
13.97 x 1.91 x 21.59 cm
Escrito por
Daniel Valero

O neno que non fun é esa persoa que todo o mundo esperaba que fose, que podería ter vivido a súa infancia de forma tranquila, sendo aceptado e respectado polo resto.

Hai unha experiencia bastante común entre as persoas que pertencemos ao colectivo LGTB e é que moitas de nós vivimos as nosas infancias e adolescencias á sombra dos nenos e nenas que non fomos.

O neno que non fun é esa persoa que todo o mundo esperaba que fose. É o neno normativo, axustado ás expectativas dun mundo que xa tiña pensado como debía ser polo mero feito de nacer cun determinado corpo nunha determinada sociedade. É o neno que podería ter vivido a súa infancia de forma tranquila, aceptado e respectado polos demais rapaces, o que non preocuparía á súa familia, o que podería terse desenvolvido ao mesmo ritmo que o resto.

Este libro é unha viaxe. Unha historia sobre relacións familiares e sociais nunha vida queer. De supervivencia contra a LGTBfobia. E é un intento de responder algunhas preguntas:

¿Como nos afectou aos adultos LGTB que somos non ter sido os nenos que se esperaba que fósemos?

¿Que me gustaría saber cando era un adolescente que comezaba a descubrir a súa orientación sexual e a súa forma de expresarse?

¿Que poderiamos facer saber a nenos, pais e a toda a sociedade para cambiar, pouco a pouco, a vida de miles de persoas LGTB?

Título
El niño que no fui: Infancia, adolescencia y adultez LGTB
Autor
Daniel Valero
Editorial
Egales
Ano
2022
Idioma
Español
Páxinas
260 pp.
ISBN
9788418501609