Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Flor de albero
A brutalidade dun pai, a indiferencia dun irmán e a sumisión dunha nai marcan a infancia e a adolescencia de Lalín. Desde neno, traballando en Alcalá de Guadaíra, queda atrapado nun ciclo de humillacións que, pouco a pouco, moldean o seu carácter e a súa maneira de estar no mundo. Sen recursos nin ferramentas para afrontar as emocións, as parellas e as amizades deixan unha pegada decisiva, e Lalín aprende a confundir a aceptación co conformismo, e o perdón coa indefensión. Nesa deriva, a necesidade de compañía convértese en urxencia, e o prezo de non saber poñer límites faise visible.
Unha historia rural baseada en feitos reais que aborda os desenganos amorosos e a procura desesperada de afecto. Un relato que, sen idealizacións, convida a abraiar e valorar a familia escollida.