Resultados de busca para «»
Estes son os artigos que atopamos.
Estes son os artigos que atopamos.
Tras o falecemento prematuro da súa nai, o temerario doutor Victor Frankenstein ten un único propósito: atopar a maneira de vencer a morte. Por iso, deixando de lado as consideracións éticas, entrégase en corpo e alma á creación dun novo ser. Pero a situación escápaselle das mans, desencadeando unha cadea de tráxicos acontecementos.
Nesta xenial obra, pioneira no xénero da ciencia ficción e cumio indiscutible da narrativa gótica e romántica, a autora expón os perigos dun desenvolvemento tecnolóxico desaforado, a irracionalidade do odio e da vinganza cega, e os permeables límites entre o ben e o mal. Unha cabal alegoría da soidade do individuo nas sociedades modernas, protagonizada pola fascinante criatura de Mary W. Shelley, complexo antiheroe capaz de provocarnos á vez repugnancia e compaixón.