Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
HOY
HOXE PODE SER UN GRAN DÍA
Que pasaría se unha mañá decidise cambiar o rumbo do seu día? Se, por unha vez, deixase de lado os plans elaborados con milimétrica precisión e se permitise fuxir da hiperconectividade, as présas e as tarefas autoimpostas.
Ás veces é necesario baixar o ritmo: deternerse, camiñar sen destino, mergullarse no presente e mirar. Mirar é unha elección, lembra Agustina Guerrero nesta novela gráfica ambientada nunha xornada transformadora en Barcelona. Un día dedicado a deixarse levar, escoitar o que a cidade ten que contar e abrirse ao inesperado. Porque son precisamente eses momentos nos que un se permite observar, sentir e improvisar os que deixan máis pegada na memoria e lle dan sabor e sentido á vida.
A crítica dixo:
«Unha invitación a baixar o ritmo para poder habitar o momento presente e apreciar a beleza do cotián.»
Eva Blanco Medina, Vogue
«Unha oda ao pasear e a Barcelona que invita a escapar dun mundo hiperprodutivo e hiperconectado.»
Esther Castarnado, Betevé
«O paseo sen destino convértese nun acto íntimo de revolución, unha invitación a cheirar o real e habitar o común.»
Diana Hernández, El Duende