Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Identidades no binarias
Un mapa para aprender sobre o non binarismo, un espazo seguro onde poder desenvolverte en liberdade.
O que tes entre as túas mans é un mapa. En concreto, un mapa non binario. Patri Catalán cartografou e recompilou toda a información posible, lendo estudos científicos, libros e escoitando as experiencias propias de persoas non binarias, para convidarte a aprender máis. E se es unha delas, saber onde te sitúas, que necesitas e como sentirte mellor. Elabora novos conceptos que axudan a comprender e a crear un entorno onde as persoas non binarias podemos existir e respirar. Desde aí, trata as identidades de maneira extensa e non só dando a súa definición. Non son meras palabras nunha lista, senón as nosas experiencias vitais.
Espazos públicos e saúde en xeral son outros temas que integra este mapa. Así mesmo, amosa un modelo inclusivo de disforias e euforias de xénero que contribuirán a xestionar as transicións que algunhas persoas non binarias realizamos. E para persoas binarias, inclúe ademais apoio social e conceptos sobre como coidarnos, porque nun mundo onde estamos rodeades de enebefobia, necesitamosvos. As familias, amizades ou parellas tamén atoparedes aquí o voso pequeno espazo.
«Neste libro atoparás o traballo do excelente cartógrafe que é Patri Catalán. [...] Oxalá consigas aquilo que buscas nestas páxinas. Quizais non teña nome [...], Pero é tan fácil como darlle un».
Guille Jiménez