Estes son os artigos que atopamos.
INES Y LA ALEGRIA
Unha historia de amor, e a historia dalgúns días que puideron cambiar para sempre o destino de España.
Toulouse, verán de 1939. Carmen de Pedro, responsable en Francia dos diezmados comunistas españois, cruza o seu camiño con Jesús Monzón, un cargo menor do partido que, sen que ela o sospeitase, alberga un ambicioso plan. Uns anos despois, en 1944, Monzón, convertido na súa parella, organizou o grupo máis disciplinado da Resistencia contra a ocupación alemá, prepara a plataforma da Unión Nacional Española e conta cun exército de homes dispostos a invadir España. Entre eles está Galán, que combatíu na Agrupación de Guerrilleros Españoles e que cre, como moitos outros no outono de 1944, que tras o desembarco aliado e a retirada dos alemáns, é posible establecer un goberno republicano en Viella. Non moi lonxe de alí, Inés vive recluída e vixiada na casa do seu irmán, delegado provincial de Falange en Lérida. Sufriu todas as calamidades desde que, soa en Madrid, apoiou a causa republicana durante a guerra, pero agora, cando escoita agochada o anuncio da operación Reconquista de España en Radio Pirenaica, Inés armase de valor, e de secreta ledicia, para deixar atrás os peores anos da súa vida
«Unha novela admirable. Chea tanto de verdade histórica como de verdade narrativa.» Rafael Reig, Abc Cultural