A mirada queer no cine é case un manual que, de forma sintética, ofrece a todo tipo de lectores unha panorámica comprensiva sobre aspectos socioculturais que dan forma ás representacións cinematográficas de xénero, sexualidade, raza, clase ou diversidade funcional, xa que no cine adoita exemplificarse e reforzarse (máis raramente cuestionarse) a dominación hegemónica do capitalismo patriarcal branco. Para enfatizar os múltiples e complexos factores que o constitúen, A mirada queer no cine fai un percorrido polo análise de cincuenta películas (aínda que se nomean máis de 200, todas de diferentes nacionalidades e facilmente accesibles, clásicas e actuais) para desenvolver aspectos específicos como violencia de xénero, heteropatriarcado, sororidade, heteronormatividade, lazos homosociais, etc. Non son as típicas películas LGTBI+ nin se quedan no meramente anecdótico do seu contido. Ao final do texto inclúe un glosario de uns cen termos clave. A mirada queer no cine pretende estimular unha discusión sobre a diferenza humana e examinar as forzas e institucións que a predispoñen.