Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
La pandilla del mero Pancho
A panda do mero Pancho vive en La Restinga, unha poboación ao sur de El Hierro, un lugar onde todo é curto, agás o inmenso océano; onde todo se sabe case antes de que ocorra e o tempo nunca ten présa. Alí, xuntos, acompañados pola sabedoría de Manolo o Mestre, ensínannos o que é un fogar mentres comparten con nós o que lle ocorreu a Chuchi e ao seu pai cun peto e un enorme peixe espada; a Gavi cun guincho e o seu piollo; e a Samir, que chegou unha Noitevella nunha barca que saíra das praias de Mauritania e que, dalgún xeito, foi adoptado polo pobo enteiro; e aos fantasmas do lugar, Agarfa e Ferinto, que procedían de cando os bimbaches habitaban a illa e unha enorme árbore, o Garoé, era o seu máis prezado tesouro?. Acompañados polos lagartos, habitantes prehistóricos da illa, e por personaxes de ficción, a panda do mero Pancho demóstranos como, para que haxa un fogar, o único que fai falla é agarimo, ternura, lealdade e amor.