Unha historia en homenaxe á amizade, dunha calidade humana extraordinaria. Retrato da estraña e longa relación entre unha escritora, a propia Magda Szabó, e a súa criada Emerence Szeredas durante vinte anos. Magda, unha intelectual que vive afastada da realidade, pertence á burguesía húngara. Emerence viviu na miseria e coñece as penurias e as amarguras que sufriu o pobo tanto na época dos nazis como na dos comunistas. As dúas mulleres viven e viviron dúas vidas que chocan e se atraen. A súa relación é tensa e, con todo, non poden vivir unha sen a outra. Tomado de: https://goo.gl/D9dt3s .