Las magnitudes del vacío – Plastic Books

Las magnitudes del vacío

PLATA
BRUNO DARÍO
Prezo habitual €20 EUR
IVE incluído.
Páxinas
352 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
Plata
Ano
2026
ISBN
9788410439177
Dimensións
21.3 x 13.5 x 2.3 cm
Escrito por
Bruno Darío

Ennio cumpriu o seu soño: alcanzou o éxito internacional cunha novela debut galardoada e aplaudida tanto pola crítica como polo público.

Ennio está a pasar o verán en Portofino, na vila do seu editor, rodeado de artistas e tentando escribir o seu próximo libro mentres goza do luxo, dos rapaces e do prestixio, cando lle chega unha carta de Julia, a axente literaria do seu exmozo Clive. Nela infórmalle de que a novela que catapultou a Ennio ao éxito é, en realidade, un plaxio da que nunca chegou a publicar o seu cliente, e ameaza con demandalo.

¿Plaxiou Ennio de verdade a novela de Clive? ¿Que ocorreu durante a súa relación para chegar a ese punto?

Intercalando as perspectivas de Ennio e de Julia, todas as pezas encaixarán ata mostrar un mosaico de ambición, competitividade, amores truncados, complexos e paixón co fero mundo editorial como pano de fondo.

En Las magnitudes del vacío, Bruno dá luz aos matices das persoas; convida a adentrarnos nas psiches dos seus personaxes de tal xeito que seguiremos a pensar neles moito despois de pechar o libro. Unha lectura afiada, fresca e adictiva.

Título
Las magnitudes del vacío
Autor
Bruno Darío
Editorial
Plata
Ano
2026
Páxinas
352 pp.
ISBN
9788410439177