Estes son os artigos que atopamos.
¿De qué color son los blancos?: Un decálogo de herramientas sobre justicia epistémica
De que cor son os brancos? A pregunta que dá título a este libro abre unha dobre lectura da sociedade. Convén subliñar que a brancura non é unha mera cuestión cromática, senón un sistema-mundo asimétrico que algúns ergueron ao servizo dun apetito de poder sustentado na ideoloxía da exclusión. Desde múltiples frontes antirracistas, antipatriarcais, antihomófobos, anticlasistas e antifronteiras –entre outros–, este libro recorre a un abano de recursos que, aínda que non exhaustivos, dialogan con problemáticas actuais a través dun diverso elenco de escritores, artivistas, pensadores críticos, afrociberactivistas e axitadores sociais. Todos eles, desde perspectivas heteroxéneas, conflúen nas loitas de comunidades afrodescendentes e africanas que buscan un recoñecemento institucional.
Esta obra pretende visibilizar as voces historicamente eclipsadas e empurradas cara aos márxes da normalidade. Nestas páxinas, as perspectivas teóricas, de carácter interseccional e pluridisciplinar, nutrense dunha disidencia epistemolóxica que responde á urxencia de recoñecemento académico e político da diversidade.
As temáticas aquí analizadas inscribense en debates contemporáneos e entrelázanse coas loitas de comunidades afropeas, que reclaman o seu lugar no presente e na memoria.