Resultados de busca para «»
Estes son os artigos que atopamos.
Estes son os artigos que atopamos.
Por fin dispoñemos dun gran clásico marxista crítico sobre sexualidade comprometido coas loitas de emancipación LGBTIQ
As vitorias dos movementos LGBT, especialmente a difusión do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, aceleráronse nos últimos anos máis do que a maioría da xente cría posible. Con todo, o nacemento subseguinte dunha especie de «normalidade gay» foi desconcertante para os activistas con enfoques máis radicais. Todo un imaxinario e un mercado gay neoliberal, «homonormativo» e «homonacionalista», que deixa fóra a quen se saen da nova norma, sexan persoas intersexuais, transgénero, queer, non binarias, racializadas e outras.
A historia das vidas e das loitas LGBT non comeza no Stonewall neoyorquino en 1969. Por iso Drucker fai un percorrido histórico e xeográfico (non centrado só no mundo occidental) polos diferentes paradigmas que en cada contexto e en cada fase do desenvolvemento capitalista foron hegemónicos no que respecta ás relacións sexuais e afectivas entre persoas do mesmo sexo e ás disidencias de xénero. Nunha apaixonante confluencia de estudos económicos, sociolóxicos, psicolóxicos e sexolóxicos, e desde unha perspectiva interseccional (feminista, antirracista, de clase e queer), o noso autor aplica conceptos e metodoloxía do mellor marxismo heterodoxo para entender os vellos e novos retos aos que se enfrontan as persoas e movementos que desafían as normas sexuais e de xénero. Non quedan fóra nin a cuestión cultural nin a conflictiva e ás veces confusa relación co ecologismo, para finalmente abordar a proposta final: unha política de inclusión, baseada na teoría marxista e nas achegas científicas, que una ecologismo, animalismo e política de esquerda nun proxecto común.