Otra historia de la música: ¿Qué pensaría Bach de la música actual? – Plastic Books
Otra historia de la música: ¿Qué pensaría Bach de la música actual? – Plastic Books
Otra historia de la música: ¿Qué pensaría Bach de la música actual? – Plastic Books
-5% DTO

Otra historia de la música: ¿Qué pensaría Bach de la música actual?

Prezo en oferta €19,85 EUR €20,90 EUR
-5% DTO
IVE incluído.

A música está en todas partes: nas conversas cotiás, no ruído da cidade, no bulicio das rúas e nos momentos de descanso. É a linguaxe que nos conecta sen necesidade de palabras, emocióñanos, mobilízanos e transfórmanos. Desde os cantos dos escravos africanos ata a revolución do K-pop, pasando pola transgresión de Rosalía e a pureza matemática de Bach, a música foi o motor de historias, celebracións e tragedias.

Como nas súas obras anteriores, Miguel Ángel Cajigal (El Barroquista) desmonta neste libro os prexuízos establecidos para desvelar os importantes roles sociais e culturais que a música xogou ao longo dos séculos, amosando a súa capacidade para transcender fronteiras e cambiar a maneira na que experimentamos o mundo.

Este terceiro volume da triloxía cultural Outra historia invita a reflexionar sobre a música como unha linguaxe universal que conecta o humano no seu sentido máis amplo: emocións, identidade e cultura. A través dunha narración fresca e accesible, Cajigal ofrécenos unha nova perspectiva sobre como a música foi máis que un simple acompañante e se converteu nun protagonista esencial no relato da nosa historia.

Otra historia de la música: ¿Qué pensaría Bach de la música actual? – Plastic Books
Otra historia de la música: ¿Qué pensaría Bach de la música actual? – Plastic Books