Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Querida desconocida: Deseo, óvulos, dinero, dilemas
Este libro conta o periplo persoal da escritora Júlia Bertran cando, aos seus 39 anos, tenta quedar embarazada e vese obrigada a recorrer á doazón de óvulos
Júlia Bertran conta, en primeira persoa, con gran sinceridade e moito rigor, a experiencia do seu embarazo a través da doazón de óvulos. É un relato no que se entrecruzan constantemente os desexos íntimos, os sentimentos de culpa, leis pouco sensibles e as violencias impostas polo mercado. É un intento de desenmascarar os eufemismos e os tabús que rodean a industria da reprodución asistida, pero tamén de construír un diálogo colectivo sobre o proceso para que as persoas non se vexan obrigadas a afrontalo en soidade, como lle ocorreu a ela, e para que atopedemos modos máis éticos e respectuosos de facer as cousas. «Aireo as vísceras por se poden ser útiles a alguén», afirma.