Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Sinvergüenza
Unha novela contemporánea sobre o amor, a espera e o destino.
Álvaro, chamado comúnmente galán de noite, é un rapaz soñador. Nativo do Mediterráneo, naturalizouse en Madrid e cultívase entre o amor e a espera, entre París e o seu destino. É moi común percibir o seu aroma do levante e a súa enerxía: dor, desexo, paixón e erotismo acompáñano nesta breve historia de casualidades.
«A canción comezou a soar. Unai empurrou a Álvaro cara a el. Os seus torsos estaban a escasos centímetros. Álvaro podía notar a calor do seu peito.
Bailaron. Deron voltas por todo o salón ao ritmo da canción. Álvaro estaba a flotar. Intentaba que non se notase o seu cada vez máis crecente namoramento. Daban pasos certeros guiados polas pernas de Unai. Mirábanse mutuamente. Deron xiros. Xa non había oco entre ambos».
Unha prosa directa, arriscada e explícita. Unha novela contemporánea que recolle a esencia da vida, onde os seus protagonistas poñen a proba os seus límites, entre o alcohol, o desenfreo e as relacións afectivas.