Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Triángulo
Thiago - Álvaro - Unai
Álvaro e Unai non teñen nada en común.
Álvaro está a piques de rematar o seu grao en Turismo en Barcelona.
Unai é un deportista de elite que debe mudarse a Londres.
E Thiago está preto de cumprir o seu soño: abrir o seu propio bar en Galicia.
O futuro de cada un parece claro, ata que o amor -ou algo que se lle parece demasiado- se cruza nos seus camiños.
Unai non quere que o seu con Álvaro quede nun amor de verán, pero Álvaro non está tan seguro. e menos aínda cando coñece a Thiago, por quen sente unha atracción inesperada.
Xuntos forman os tres vértices dun triángulo imposible de soster.
Un equilibrio fráxil, a piques de romperse en calquera momento.
Unha historia sobre o amor cando deixa de ser unha promesa e convértese nunha decisión. Sobre o difícil que é soster o que importa cando todo parece empurrarte a soltar.