Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Ultrasonica (LP Vinilo)
Reedición de "Ultrasónica", o álbum de Piratas gravado en 2001 no estudio francés du manoir, producido por Juan Luis Giménez, Vicente Sabater e o propio grupo, supuxo para o grupo a ocasión de materializar o seu enorme potencial diante dun público máis amplo. A formación comandada por Iván Ferreiro e Fon Román atopábase en estado de graza e desmarcouse co seu traballo máis poliédrico no terreo musical. Cancións como o equilibrio es imposible, jugar con los coches, caótico neutral e, sobre todo, años 80 abrironlles a posibilidade de manter a súa independencia creativa sen renunciar ás audiencias masivas. Sen ser o suficientemente alternativos para a escena indie nin o bastante comerciais para as listas mainstream, Piratas atoparon o seu propio camiño para chegar a milleiros de afeccionados que non necesitaban etiquetalos.