Lugares sagrados. La Biblioteca de Esoterismo – Plastic Books

Lugares sagrados. La Biblioteca de Esoterismo

TASCHEN
JESSICA HUNDLEY
Prezo habitual €30 EUR
IVE incluído.
Páxinas
520 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
Taschen
Ano
2025
ISBN
9783754401743
Dimensións
16.99 x 4.0 x 24.0 cm
Escrito por
Jessica Hundley

Sacred Sites lévanos de viaxe pola historia da arte e da arquitectura sacra para explorar as innumerables formas nas que imbuímos os nosos contornos dun significado profundo e duradeiro. Desde a nosa temperá visión da natureza e do corpo como templos ata a nosa asunción de futuros reinos imaxinarios, viaxamos polos vastos e místicos paisaxes do mito, a relixión e a imaxinación.  
 
Nas nosas xuntanzas dotamos de alma os espazos, xuntámonos arredor de fogueiras, postrámonos ante o altar do bosque, alabamos no templo ás nosas divindades. Nas nosas peregrinacións, labramos rutas indelebles, percorremos o noso camiño meditativo ao longo de continentes e, xeración tras xeración, pisamos, unha e outra vez, terras sagradas. E nas nosas ofrendas creativas ao espírito, pensamos novos mundos con odas tremendamente imaxinativas ao que consideramos sagrado: templos dourados tallados en rocha, enormes espirais esculpidas en area e terra ou santuarios silenciosos agochados en arboradas. Pintamos as antigas paredes das covas, tallamos petroglifos para marcar o camiño, colocamos rosas no santuario á luz das velas.  
 
De vagariño, pedra a pedra, construímos monumentos aos nosos deuses, unha xeometría cósmica contida dentro da nosa arquitectura sagrada de adoración. Estes patróns ocultos pódense atopar nas misteriosas e impoñentes pirámides repartidas por distintas partes do mundo e por unha asombrosa diversidade de culturas, nos santuarios de mármore construídos para albergar ás deusas gregas e romanas, nos mosteiros de montaña da antiga Asia azoutados polo vento e nas vivendas en cantís dos indíxenas do suroeste dos Estados Unidos.
 
Natureza, arte, beleza, estes son os elementos comúns que se atopan tanto nos lugares sagrados dos nosos devanceiros como na multitude de contornos onde nos esforzamos por trascender e conectar connosco mesmos. Traza unha ruta sagrada desde os escarpados templos de pedra ata obras da arquitectura moderna, o quinto volume de La Biblioteca del Esoterismo rende homenaxe á historia colectiva dos que o culto humano converteu en espazos sacrosantos.

Título
Lugares sagrados. La Biblioteca de Esoterismo
Autor
Jessica Hundley
Editorial
Taschen
Ano
2025
Páxinas
520 pp.
Encadernación
Tapa dura
ISBN
9783754401743