Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Lunática
Unha historia fascinante e sobrecogedora de explotación, machismo, mentiras oficiais, desidias criminais e prexuízos.
En 1977, o cadáver de María Isabel Gutiérrez Velasco aparece calcinado nunha cela da prisión de Basauri (Bizkaia). As súas compañeiras non creron a versión oficial e aqueles días declararon unha folga de prostitutas en Bilbao. Da man doutros colectivos políticos, organizaron manifestacións e peches para esixir a amnistía das e dos presos sociais e a derogación de leis franquistas que afectaban especialmente á chusma.
Pero quen era María Isabel? A xornalista Andrea Momoito, cofundadora da revista Pikara Magazine, emprende en Lunática unha procura orixinalísima, apaixonada, a ratos caótica, de rúa, marxinada, intuitiva, detectivesca, desesperada e torrencial. Un retrato cru e terno das marxes da sociedade, e unha denuncia ácida e sistemática dos mecanismos de represión.