Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Ray of Light (Reedición)
Ray of Light marcou un xiro radical na carreira de Madonna, apostando por unha fusión de pop electrónico, espiritualidade e experimentación sonora. Publicado orixinalmente en 1998, este álbum dobre en formato vinilo 2LP reflicte unha nova etapa artística e sonora, desenvolvida xunto ao produtor británico William Orbit, clave na estética atmosférica e expansiva do disco.
Esta reedición conserva toda a esencia do lanzamento orixinal, co son remasterizado e a arte gráfica fiel ao deseño icónico da época.
Temas como Frozen, Ray of Light e Nothing Really Matters converteronse en clásicos instantáneos, combinando profundidade emocional con texturas electrónicas brillantes. Este disco supuxo unha reinvención artística aclamada pola crítica e o público, e segue a ser unha referencia dentro do pop sofisticado dos anos 90.