Mammalia – Plastic Books
Mammalia – Plastic Books
Mammalia – Plastic Books

Mammalia

Lava

Prezo habitual €22,90 EUR
IVE incluído.

Nun futuro asolado por volcáns sempre en erupción, choiva de cinza e tormentas de granizo cada vez máis violentas, no que unha estraña alteración no útero das mulleres xerou graves problemas de fertilidade a nivel global e o estado exerce un control absoluto sobre a natalidade e os seus corpos, unha moza decide investigar as súas orixes, saber quen foi antes de ser adoptada cando era nena.

Un camiño de autodescubrimento que pronto a conducirá a un labirinto obsesivo onde o pasado e o futuro se fundirán nunha paradoxa chea de ecos, soños e premonicións a través de bosques, covas, pinturas ancestrais e moitas preguntas ante o inexplicable.

Entre o thriller e a ciencia ficción, o terror e a distopía, Mammalia é, ante todo, unha reflexión —pura e, polo tanto, descarnada— sobre a maternidade e a non maternidade nun mundo ultraliberal condenado á súa extinción física e espiritual.

Pedras das vísceras da terra. Das profundidades e abismos. Entranas que vixían o oculto. Cabanas dentro de cabanas. O refuxio. Os ventres de mamífero. Cámaras magmáticas rabiosas.