Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Manual de guerra para parejas lésbicas – Espe López
Manual de guerra para parejas lésbicas: porque el amor viene sin instrucciones é un libro da psicóloga Espe López que se adentra nas dinámicas específicas das relacións entre mulleres, desde unha mirada honesta e empírica.
Que ocorre realmente nunha relación entre dúas mulleres?
Por que tantas parellas parecen repetir un mesmo patrón?
Partindo de preguntas moi cotiás, o libro percorre temas como a fusión lésbica, a comunicación, os celos, a responsabilidade afectiva e o desexo. Tamén aborda a idealización do amor romántico, a violencia intraxénero, a monogamia e a non monogamia, a rutina, a paixón e as relacións a distancia, así como as claves para saber como e cando rematar unha relación, se é necesario.
Máis que un receitario rápido, este manual propón unha viaxe polas fortalezas, retos e oportunidades das parellas formadas por mulleres lesbianas e bisexuais. Todo iso sen mitos nin moralismos, con información clara e moitas ferramentas prácticas para pensar(se) en parella.
Manual de guerra para parejas lésbicas ofrece recursos para comprenderte mellor en relación, mellorar a conexión coa túa moza ou, simplemente, entender un pouco máis como nos relacionamos as mulleres lesbianas e bisexuais entre nós.