Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
La teoría de la bolsa de la ficción
Para evitar que non queden máis historias que contar, algunhas de nós aquí fóra, exiliadas, no medio da avea salvaxe, pensamos que sería mellor comezar a contar outra historia á que, quizais, as persoas poidan dar continuidade cando a vella remate. Quizais. O problema é que todos nos deixamos converter en parte do relato do asasino, e así pode ser que rematemos xunto con el. É por iso, que con certo sentimento de urxencia busco a natureza, o suxeito, as palabras do outro relato, a historia non contada, a historia da vida.
Que sucedería se o heroe non fose o personaxe máis importante do relato e as historias non estivesen articuladas por un conflito? Que ocorrería se os relatos fosen estruturados por múltiples actores e procesos?
Neste ensaio, Ursula K. Le Guin propón unha forma diferente de narrar, baseada en bolsas, recipientes e atados, en lugar de armas e obxectos punzantes. Le Guin retoma os plantexamentos da antropóloga Elizabeth Fisher, quen afirmou que "o primeiro dispositivo cultural foi probablemente un recipiente". A partir de aí, constrúe unha matriz narrativa en forma de bolsa para a ficción e tamén para a historia xeral da humanidade. O conflito está presente, pero non é o único factor relevante: a bolsa de Le Guin está "chea de comezos sen fin, de iniciacións, de perdas, de transformacións e traducións, moitos máis trucos que conflitos, moitos menos triunfos que trampas e deliros".