Resultados de busca para «»
Estes son os artigos que atopamos.
Estes son os artigos que atopamos.
Un país non son os seus nobres nin os seus reis nin os ricos. Un país é o seu pobo e a súa xente común. É o momento de recuperar a nosa historia, a patria que intentaron roubarnos.
Durante demasiados anos os españois vivimos sentíndonos estranxeiros na nosa propia casa, nun cruel exilio interior e sen a sensación de ter un país baixo os nosos pés. Últimamente falar de España, de patria ou de nación asóciase a ideas conservadoras, dereitistas e retrógradas, pero non sempre foi así. Houbo unha época na que berrar «¡Viva España!» serviu para derrubar reis, expulsar exércitos imperiais, redactar unha das primeiras constitucións liberais da historia e avanzar en dereitos democráticos. É hora de recuperar ese patriotismo decente e popular. Porque o verdadeiro patriotismo non se viste de bandeiras nin se practica odiando ao diferente.
Patria digna é un percorrido didáctico e accesible pola historia popular do noso país e unha invitación a construír entre todos e todas un orgullo nacional progresista que durante décadas se nos negou.