Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
PSICOTERAPIA QUEER
Unha fenda na psicoloxía cis-heteropatriarcal dominante, un punto de fuga polo que escapar da lóxica capacitista, branca e neoliberal que impera na maioría dos dispositivos de saúde mental.
Este libro é unha fenda na psicoloxía cis-heteropatriarcal dominante, un punto de fuga polo que escapar da lóxica capacitista, branca e neoliberal que impera na maioría dos dispositivos de saúde mental. Para iso, pon en valor unha psicoterapia que enfatiza unha análise psico-sociopolítica interseccional e queer para tomar conciencia dos distintos sistemas de opresión (machismo, LGTBIQ+fobia, misoxinia, racismo, clasismo, gordofobia e capacitismo) que configuran as nosas subxectividades e identificacións. Trátase de favorecer que a persoa viva un proceso de emancipación psicolóxica e sociopolítica que lle permita desenvolver unha vida acorde ás súas necesidades emocionais, sen ter que reproducir de xeito automático as normatividades sociais que nos condicionan ou as etiquetas identitarias que ás veces se converten en xastras invisibles que producen un elevado malestar psicológico.
A psicoterapia queer non se limita a poñer en práctica saberes asociados ao mundo da psicoloxía ou o psicoanálise crítico, senón que se nutre de diferentes áreas de coñecemento como a filosofía, a educación ou a socioloxía. Trátase de utilizar todos os recursos ao noso alcance para facilitar a mellor calidade de vida psíquica posible, intervindo na mirada cis-heteropatriarcal na que fomos socializados para poder liberar as múltiples dimensións e matices que existen, para conseguir unha maior axencia no devir das nosas vidas. Un proceso que, necesariamente, pasa por establecer alianzas entre suxeitos que se coidan e se sosteñen de forma igualitaria e afectiva.