Yony Leyser desenvolveu a idea de Queercore: Cómo punkear una revolución durante unha xira cun grupo de artistas queer. Anos máis tarde, a experiencia adquirida traduciríase no aclamado proxecto documental do que este libro ofrece por primeira vez unha tradución ao galego. Aquí queda claro que o punk e o queer non son estilos nin xéneros musicais, senón ideais polos que merece a pena loitar. Formas de facer do mundo no que vivimos un lugar mellor e máis divertido. Leyser retoma o legado do queercore para loitar contra calquera tipo de conformismo, animando ao público a liberarse e constituír unha forza liberadora e transformadora da sociedade. Cheo de testemuños de iconas como Peaches, John Waters, Bruce LaBruce, Billie Joe Amstrong, Jodi Bleyle ou Lynn Breedlove, este libro supón un tesouro para a comunidade queer.